miércoles, 5 de diciembre de 2012

Entrevista en Meucelta.com .

ENTREVISTA EN MEUCELTA.COM




ENTREVISTA AQUÍ : meucelta.com


ENTREVISTA: PEÑA ZERU-URDÍN

Hai celtismo en Bizkaia

"Creo que falo por todos cando digo que ser do Celta é o máis grande que hai"
4 diciembre, 2012 

Foto: Membros da peña Zeru-Urdin // Zeru-Urdin
Con motivo do encontro que se vai disputar na Catedral o próximo domingo, dende meuCelta.comquixémonos pór en contacto cos membros da Peña Celtista Zeru-Urdín de Bizkaia para deste xeito darlle certo acento vasco ao derbi.
Querémoslle dar as grazas aos membros da peña pola súa colaboración e a súa dispoñibilidade total. Queda patente que o celtismo late con forza xa sexa na nosa cidade, en Euskadi ou na outra punta do globo terráqueo, e coma ven din os amigos da peña Zeru Urdin, temos que aunar as nosas forzas por un mesmo sentimento, O CELTA!!
Santi Salinero: Coma xurdíu a idea de formar a peña?
Zeru-Urdin: Xurdíu no derbi de Balaídos fronte ao Deportivo da Coruña, o 15 de abril de 2012. O vicepresidente máis eu pensamos que había máis celtismo en Bizkaia do que se pensaba e non nos trabucamos, pouco a pouco foi aparecendo a xente, pero iso sí, con moita paciencia.
SS: Cantos membros sodes polo de agora?Todos sodes galegos ou descendendentes de galegos?
Z-U: Polo de agora somos dezaoito oficiais, pero temos pendentes cinco persoas e coñecemos polo menos sete máis, que non logro entender por qué non aparecen, xa que a sede está moi preto de tódolos aderezos e os nosos membros son unhas excelentes persoas, penso que é cousa de timidez ou de pouco agarimo ao Celta.
Non sei… moitos somos de descendencia galega, pero tamén os temos nacidos en Vigo, cómo non!!
SS: O Celta xa xogou un partido en Euskadi… xa tivéchedes presencia nese encontro coma peña?
Z-U: Eu fun a todos e os demáis creo que tamén, mágoa que non coñecera a ninguén.
SS: Coma vades afrontar o encontro fronte ao Athletic de Bilbao?
Z-U: Con moita ilusión, estamos a traballar en todo detalle para que a xente que veña de Vigo esté coma na súa casa. Temos que demostrar moito, por exemplo, que a nosa afección é a mellor do mundo. Non vexo a hora de estar cos meus zerurdiños canturrando cos demáis celtistas de toda a xeografía de España que sabemos que virán a visitarnos. Estamos a traballar en todo detalle para que a xente que veña dende Vigo esté coma na casa.
SS: Tédes algo preparado para todos aqueles afecionados celestes que aproveiten a ponte da Constitución para viaxar até Bilbao para ver o enfrontamento en directo?
Z-U: Por suposto, aparte de que facemos a inauguración o sábado, temos pensado facer un xantar e lucir o celtismo por Bilbao.
SS: Coma vedes ao equipo no que vai de campionato?
Z-U: Pois estamos moi contentos, aínda nos se me vai da cabeza as celebracións do pasado luns (26 de nov.) na sede. A verdade é que todos creemos que o equipo está a facer unha gran tempada. Aínda que fomos a Vallecas e voltamos tristes, sempre tivemos esperanzas postas no equipo.
SS: Pensades que se vai cumprir o obxectivo desta tempada con solvencia?
Z-U: Sen dúbida, alomenos creo que todos pensan coma eu. Eu lles vexo que opinan o mesmo ca min.
SS: Coma vedes as novas incorporacións? Quén é, destas fichaxes, a que máis vos está a chamar a atención?
Z-U: Moitos estamos moi contentos coa fichaxe de Krohn-Dehli, parécenos un “xogadorazo”. Tamén algúns asemella que están satisfeitos co rendemento de Park Chu Young. En canto a Cabral e Augusto están faltos de ritmo e o pobriño de Samuel… que se pode dicir del. Logo está Varas, que casi o temos por un deus, non tan deus como Iago, pero a verdade é que está facéndoo moi ben.
SS: Pensades que fan falta esas dúas fichaxes que parece que se van a tentar facer?
Z-U: Nos vemos ben todo o que faga o clube. Penso que hai que deixar traballar aos profesionais, nos somos afeccionados. Algúns pensamos que fai falta un home no medio do campo por se lle pasa algo a Oubiña, pero hai que confiar nos profesionais .
SS: Cal é o obxectivo que tedes coma peña tanto a curto coma a longo prazo?
Z-U: Durar moitos anos, seguir o exemplo dunha peña coma Blau Cel, lonxe da terra pero vivíndo as experiencias como se estivéramos na Galiza, non falla o licor café, as cervexas Estrella, nin os berros e canturreos, como bós galegos. O celtismo xamáis debe morrer, é máis, estou moi contento porque os meus compañeiros son celtistas a morte, da gusto ver os partidos con eles.
SS: Un dos temas estrela últimamente en Vigo é o estado de Balaídos… cal é dende a diáspora a opinión que vos da ese tema?
Z-U: Moita inseguridade, deberían facer algo antes de que pase algunha desgracia
SS: Aínda falta moito pero… tedes pensado vir a Vigo para ver en directo o encontro da segunda volta entre o Celta e o Bilbao?
Z-U: Xa o fixemos no ascenso , de feito foi a nosa primeira viaxe coma peña, e pensamos facer máis, como ten que ser.
SS: Que é o q hai que facer para facerse socio da peña Zeru Urdin?
Z-U: Nada oh! pagar dez euros e ter moitas gañas de animar ao Celta, ter gañas da boa onda e nada de discusións e parvadas, o que hai ata agora, bo rollo.
SS: Xa por último, tedes unhas liñas para que digades o que queirades a tódolos lectores de meuCelta.com
Z-U: Pois creo que falo por todos cando digo que ser do Celta é o máis grande que hai, coñecer máis celtistas, velos, abrazalos, unilas nosas forzas por un mesmo sentimento O CELTA!!, iso é o unico que importa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario